
A cova da Adega Joaquín Rebolledo, na Rúa, acollerá esta tarde unha cea-concerto coa actuación do percusionista Ton Risco e do pianista Abe Rábade. Será a partir das 20h. Esta proposta ten prazas limitadas, un total de 25, e ten un prezo de 25 euros (concerto+cea). As entradas poden solicitarse no correo electrónico info@joaquinrebolledo.com.