
Ata Vigo desprazábanse neste 14 de xuño os atletas das Escolas Deportivas de Trives, que compiten coa camiseta do Club Adas Cupa. Alí, nas pistas de atletismo de Balaídos participaban no Campionato galego por equipos nas categorías Sub10 e Sub12, nas que lograban dúas pratas.
Así o equipo feminino Sub12 do que formaba parte Daina González quedaba segundo nunha clasificación de 16 clubs, mentres que o Sub12 masculino (con 15 equipos), no que tomaba parte Gérard González sumaba outra prata.

“Mereceu a pena madrugar, a verdade é que estes nenos e nenas non se cansan de ganar premios, é un pracer ser o seu adestrador”, di o técnico das escolas trivesas, Tino Sierra.
Fotos cedidas.