DeportesÚltima hora

O equipo feminino Sub10 do Club Adas Cupa do Barco, campión galego por clubs

Podio feminino Sub10 no galego por clubs, en Balaídos./ Foto: FGA.

 

A canteira do Club Adas Cupa do Barco vén de demostrar unha vez máis a súa calidade deportiva. O equipo Sub10 valdeorrés facíase co ouro no Campionato galego de clubs desta categoría, que se celebraba o sábado 14 de xuño nas pistas de atletismo de Balaídos.

O combinado valdeorrés sumaba un total de 97, quedando por riba da Sociedade Gimnástica de Pontevedra e da Escola Atlética Lucense. Tamén moi preto do podio se quedaba o equipo masculino do Adas, cun cuarto posto nesta mesma categoría Sub10.

Back to top button