CulturaCulturaÚltima hora

Programa de actividades no Santuario das Ermidas (O Bolo), “Un lugar con 400 anos de historia”

O sábado 21 de xuño haberá unha xornada de conferencias con D. Julián Barrio, arcebispo emérito de Santiago, entre outros

Santuario das Ermidas (O Bolo)./ Foto: Arquivo Carlos G. Hervella.

 

Aínda que o aniversario foi o ano pasado, neste 2025 o Concello do Bolo segue a festexar os 400 anos do Santuario das Ermidas cun programa de actos para os meses de verán.

O primeiro será o sábado 21 de xuño a partir das 17 horas. A esa hora comezará a xornada de conferencias na capela do santuario con D. Julián Barrio, arcebispo emérito de Santiago, como conferenciante principal que falará sobre “A importancia do santuario nos diferentes eidos”. Tamén haberá unha mesa redonda con Isidro García Tato, historiador e investigador do CSIC; e Beatriz Hermida e Tomás Valente, arquitectos do Plan Director do santuario e responsables das actuais obras de rehabilitación do edificio.

 

 

O programa inclúe dous concertos: o de Carlos Núñez dentro da súa xira “Lugares Máxicos 2025” para o 17 de xullo ás 20 horas, patrocinado por Turismo de Galicia; e o da fadista María do Ceo para o 2 de agosto ás 19 horas.

E xa para o mes de setembro está prevista unha nova peregrinación dende San Miguel de Bidueira (Manzaneda) ata ao Santuario das Ermidas (O Bolo), un percorrido duns 12 km. Será o sábado día 20 con saída ás nove da mañá con “Oración de chegada” incluída e regreso sobre as 14 horas

Back to top button