EconomíaEconomíaÚltima hora

O xogo da mariola na Churrería A General, parada obrigada na mañá barquense

 

Na mañá do pasado sábado a Churrería A General, no Barco de Valdeorras sorprendía aos clientes cunha divertida proposta, unha mariola pintada no chan coa que convidaban a xogar mentres esperaban polos churros.

Dous días despois, este xogo tradicional no centro da vila estase convertendo en parada case obrigada e hoxe, ademais dos clientes, participaban moitos dos escolares que se achegaban ata a praza do Concello para visitar a aula itinerante de Sogama.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button