
Na fin de semanda do 20 ao 22 de xuño, celebrarase en Casaio (Carballeda de Valdeorras) as festas do Corpus Christi con música, tradición e moita diversión, organizadas pola Xunta Veciñal.
O venres, 20 de xuño, ás 23 horas haberá verbena co grupo La Última Legión e a continuación Dj Miguel Ángelo porá o broche musical á madrugada.
O sábado día 21 será o día grande. Ás 12:30 horas será a misa seguida da procesión sacramental amenizada pola Charanga Bergidum e a continuación baile vermú. Ás 18:30 horas haberá colchoneta gratis na praza para os máis pequenos; e pola tarde (21 horas) e verbena (01:00 horas) o baile correrá por conta da Orquestra Saudade. Xa de madrugada collerá o relevo a Disco Móbil Venus Dibao.
E xa o domingo día 22, ás 12:30 horas terá lugar a Celebración da Palabra; e a partir das 19 horas, festa co Trío Nostalgias.
