ConcellosO BarcoÚltima hora

Unha tenda gourmet do Barco sofre o seu cuarto roubo no que vai de ano

Esta madrugada un establecemento gourmet situado na zona antiga da vila do Barco, A tenda da Rita, sufría un novo roubo. Para acceder ao seu interior destrozábase a parte metálica da súa porta de entrada. “Sustraeron pouca cantidade de diñeiro, todo en moedas”, explican dende o establecemento.

O roubo xa foi denunciado ante a Garda Civil.

Esta é cuarta ocasión no que vai de ano que esta mesma tenda sofre roubos. Anteriormente para entrar no seu interior rachaban un dos cristais da súa porta.

Fotos cedidas.

 

 

Back to top button