CulturaCulturaÚltima hora

A Asociación de Amigos do Camiño de Inverno por Valdeorras terá sede propia na Rúa

O director de turismo de Galicia con membros da Asociación de Amigos do Camiño de Inverno por Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Aproveitando a visita que facía á Rúa na mañá deste xoves 19 de xuño para, entre outras cousas, asinar un convenio co Concello para melloras no albbergue municipal de peregrinos, o director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé M. Merelles, anunciaba outro convenio que asinarán en breve coa Asociación do Camiño de Inverno por Valdeorras “para implementar unha sede en Fontei (A Rúa) co cal probablemente a finais de ano xa poida ter a súa propia sede que actualmente comparte na Casa da Cultura con outras asociacións”.

Diante do presidente da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno a Santiago, Enrique Álvarez e de membros da Asociación do Camiño de Inverno por Valdeorras, concelleiros e alcaldesa María G. Albert, Merelles lembrou que seguen a dar pasos para “poñer en valor o Camiño de Inverno, o único que atravesa as catro provincias e cada vez ten máis proxección”, asegurando que para el “como rues é unha satisfacción poder colaborar neste sentido e oxala o ritmo de crecemento siga sendo o mesmo que ata agora”.

Back to top button