Contra as doce deste mediodía estaban practicamente rematadas as alfombras de Corpus Christi, elaboradas pola veciñanza, na zona vella do Barco. Desta volta a zona engalanada limitouse á confluencia entre as rúas San Mauro (coñecida como rúa Escura) e Real (aproxidamente á altura do Porto da Barca), cando ata o ano pasado comezaban na rúa San Roque (case á altura da praza das Airas).

As alfombras, elaboradas con diversos materiais como serrín tinguido), chegan ata a porta da entrada da igrexa de San Mauro. Tamén na rúa San Mauro se preparaba un altar para a procesión.
A misa de Corpus comezaba na igrexa de Santa Rita ás 12:30h. e, despois, comezará a procesión que pasará pola zona vella da vila, e polo tanto sobre as alfombras, ata rematar na igrexa de San Mauro.
Fotos: A.R.

