DeportesKárateÚltima hora

O KC River Stone do Barco pecha a liga galega de karate en Soutomaior (Pontevedra) con 11 medallas

 

Agora si. Na xornada do sábado 21 de xuño poñíase o broche á Liga Galega de Karate cunha gran final en Soutomaior (Pontevedra) na que os karatekas do River Stone do Barco sumaban once medallas: 1 ouro, 3 pratas e 7 bronces.

A medalla de ouro era para Enzo Prieto Fernández, en kata Júnior; mentres que as pratas conseguíanas Cloe Yáñez González e Brian Rodríguez Carballo, en kata Cadete Avanzado e Nazan Barreda Fernández, en kata Xuvenil Avanzado.

 

 

As medallas de bronce eran para: Olivia Rodríguez Fernández, en kata Alevín Iniciación; Laia Yáñez González, en kata Alevín Avanzado e kumite Alevín >32kg Avanzado; Laia Casas Acuña, en kata Xuvenil Iniciación; Diego López Puey, en kumite Infantil <35kg Avanzado; Aina Moral Castro, en kumite Cadete <47kg Avanzado; e Cloe Yáñez González, en kumite Cadete <54 Kg Avanzado.

Tamén houbo dous quintos postos, para Miguel A. Días Cardoso, en kata Infantil Iniciación; e Raúl Pérez Panizo, en kumite Infantil <30kg Avanzado. E tres sétimos postos, para Eric Rodríguez Carballo, en kata Infantil Iniciación; Lucas Voces Rivera, en kata Alevín Iniciación; e Nicolás Rodríguez Domínguez, en kata Cadete Avanzado.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button