
Menos de seis puntos separaban a Selección Galega Sub18, da que formaba parte o valdeorrés Aaron Pérez (Adas Cupa) do podio do Campionato de España Sub18 por federacións. Esta competición tiña lugar na pasada fin de semana en Palafrugell. Alí repetían o cuarto posto logrado o ano pasado en Pontevedra, nesta ocasión, por detrás de Cataluña, Valencia e Madrid.
Carlos Tuñas, que viaxou en calidade de responsable da Selección Galega destacaba “o fabuloso ambiente e a gran implicación de todos e cada un dos que formaron parte da selección” e onde tan só houbo que lamentar “a lesión de última hora de Paula Conde e a enfermidade xa no hotel, de Tariqua Brandón a quen desexamos unha pronta recuperación”.