EconomíaEconomíaÚltima hora

Investigadores internacionais coñecen as iniciativas de desenvolvemento rural no entorno de Trevinca

Están no programa europeo Highlands.3, no que participa a Asociación de Turismo e Hostalería de Trevinca–A Veiga

 

Investigar as distintas iniciativas de agricultura, turismo e desenvolvemento rural sustentable e inclusivas en diferentes áreas montañosas protexidas do mundo para plasmalas nun documento e poder comparalas. Este é o obxectivo do programa europeo Highlands.3, no que participan a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Asociación de Turismo e Hostalería de Trevinca – A Veiga TREVIHOST.

No marco deste proxecto unha vintena de investigadores de diferentes partes do mundo visita dende o 19 de xuño Trevinca e o seu entorno para levar a cabo a finalización de dito programa. Así, nestes días están a realizar  visitas guiadas a explotacións de vacún en extensivo, así como entrevistas aos seus responsables.

No programa tamén se inclúen visitas ao Centro de transformación de produtos agroalimentarios e mel, Actividades Turísticas de Montaña, CMVMC, un achegamento á historia do volframio, á cooperativa de mulleres no rural, establecementos hostaleiros no rural, persoal municipal, observatorio astronómico e turismo fluvial de encoro, ademais de outras actividades lúdicas participativas soa poboación local.

“Trevinca-A Veiga foi escollida polas súas características únicas neste tipo de terreos “Highlands”, Terras Altas, polo seu estado de conservación e pola característica única en Galicia como ser o punto máis elevado de Galicia, Pena Trevinca (2127 m). Tamén escolleuse A Veiga polos diferentes graos de protección, ZEC E ZEPA, ademais de iniciativas innovadoras onde encaixa perfectamente coa filosofía do programa, como son as explotacións en extensivo, transformación de produtos alimentarios autóctonos, turismo sustentable e paisaxe natural de montaña”, indican dende TREVIHOST.

A xornada final de presentación das conclusións está prevista para o 27 de xuño pola tarde en Corzos.

Fotos cedidas.

Back to top button