Na mañá deste luns 23 de xuño arrincaba a segunda edición de “Un verán en acción’ o campamento lúdico-deportivo que se desenvolve no colexio Divina Pastora do Barco de Valdeorras.
Tal como avanza André Faria dende a organización, o 80% do campamento xira en torno á psicomotricidade e o desenvolvemento do deporte en idades temperás, ademais de informar sobre clubs e institucións que hai na comarca, que loitan polo deporte de base.

Así, nesta semana recibirán a visita de Patricia Gómez adestradora e responsable do MV Barco de baloncesto, na seguinte de Javier Brasi de voleibol,… “co cal fomentamos moitas e variadas actividades para os pequenos”.
Nesta segunda edición contan con 75 matrículas, 20 máis que na anterior edición “o que demostra que é un campamento que crece”, di André, asegurando que comezan un ano máis con moita ilusión. “Estaremos cos nenos durante o verán de 10 a 13 horas e de 9 a 14 horas “para as familias que o necesiten para a súa conciliación familiar”.

Fotos cedidas.