CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Sesión vermú con La Mosca Valiente para dar a benvida ao verán, o 29 de xuño no bar O Catro, na Rúa

 

O bar O Catro da Rúa organiza, para o vindeiro 29 e xuño, unha sesión vermú para celebrar a chegada do verán e animar o terraceo cun concerto de La Mosca Valiente, un dúo sorprendente que xa ten estado por terras de Valdeorras nalgunha ocasión e que sempre deixou un gran sabor de boca nas súas actuacións.

Chegados dende Pontevedra, Rodrigo Valiente e Marcos Flai, aseguran festa rachada a partir das 14 horas coas súas espectaculares versións de onte, hoxe e sempre. Un repertorio que manexa que abrangue, segundo as súas propias palabras, dende o “Soy Minero ata o Du Hast… todo colle na nosa posta en escea, cunha capacidade de adaptación que soprende a propios e extraños”.

Adaptación ao público e interacción pseudocircense que eles denominan Wrestlin Music, de aí ese ‘guiño’ coas máscaras que empregan nalgunhas das súas fotos e presentacións. Cancións de todas as épocas en diferentes idiomas que son quen de poñer a bailar e cantar ao público. “A pachanga levada ao extremo e a un formato distinto e máis que divertido”, aseguran.

 

Back to top button