OurenseÚltima hora

Dúas persoas feridas nunha colisión entre dous turismos en San Cristovo de Cea

 

Na noite do mércores 25 de xuño dúas persoas resultaban feridas (unha delas tiña que ser excarcerada) nunha unha colisión entre dous turismos en San Cristovo de Cea, tal e como informan dende o 112 Galicia.

O accidente tiña lugar pasadas as 21 horas no quilómetro 261 da N-525, sendo un particular quen explicou que “un dos condutores era incapaz de saír ao exterior porque a porta do seu coche estaba afundida. Minutos despois, unha das persoas implicadas contactaba tamén co centro de emerxencias e solicitou asistencia sanitaria tanto para ela como para o outro implicado”, explican dende o 112.

Os servizos de emerxencias chegaron con celeridade ao punto e comprobaron que “un dos condutores permanecía atrapado, polo que os Bombeiros do Carballiño encargáronse de liberalo empregando o seu material de excarceración”, explican, indicando que finalmente, ambos implicados eran trasladados en ambulancia a un centro hospitalario.

Neste operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os bombeiros, a Garda Civil de Tráfico, a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de San Cristovo de Cea e os servizos de mantemento da estrada.

Back to top button