Dentro do programa das IX Xornadas de Convivencia de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Ourense, que se celebraban o sábado 28 de xuño en Verín, incluíase un xantar de confraternidade, no decurso do cal procedíase á entrega de galardóns ás agrupacións e persoas voluntarias máis destacadas deste ano 2025. Xusto antes da entrega gardábase un minuto de silencio en homenaxe aos voluntarios falecidos este ano.
Os galardóns entregados nesta edición eran os seguintes:
1. GARDA CIVIL DE TRÁFICO (recollía o Capitán Javier Barja)
2. XEFATURA PROVINCIAL DE TRÁFICO DE OURENSE (Xefe Provincial David Llorente)
3. MEDIO RURAL (Xefe Provincial Sandra Martinez)
4. AXEGA (Xerente Marcos Araujo)5. CRUZ VERMELLA (Coordinador Jose Ramón Bayón)
6. GREIM TRIVES
7. BRIF DE LAZA (xefe Coordinador Bruno Ondoño)
8. DIM FORMACIÓN MECÁNICA (David Alonso)
9. PLÁCIDO AUGAS DE CABREIROÁ (Químico jubilado da empresa Cabreiroá)
10. DENOMINACIÓN DE ORIXE MONTERREI
11. DEPUTACIÓN DE OURENSE
12. CONCELLO DE VERÍN (Candida Couñago, concelleira)
13. Bombeiros da Mancomunidade de Terras de Celanova (sarxento Jose Luis Alvarez)


Ademais entregábanse agasallos ás AVPC da provincia con máis de 30 anos de servizo. Recibían en total 17 pratos de Alfarería Couso. Eran recollidos polos alcaldes ou responsables das agrupacións de Protección Civil de Allariz, Laza, Pereiro de Aguiar, A Mezquita, Verín, O Barco de Valdeorras, A Rúa, O Carballiño, Mancomunidade do Ribeiro, A Gudiña, Esgos, Barbadás, Viana do Bolo, Coles, Ourense, Xinzo de Limia, A Coruña.

Tamén se lles entregaban agasallos ás AVCP da provincia de Ourense con máis de 25 anos de servizo, un total de trece: Nogueira de Ramuín, Maceda, Vilar de Barrio, Celanova, Riós, Xunqueira de Ambía, Baños de Molgas, Xunqueira de Espadanedo, San Cibrao das Viñas, Chandrexa de Queixa, Amoeiro, Rairiz de Veiga, tamén se lle entregaba á de Salceda de Caselas.
Fotos cedidas.


