
Este próximo mércores a 9ª edición do SilFest arranca na Praza Maior do Barco. Por diante haberá tres días, do 3 ao 5 de xullo, que farán que Valdeorras sexa un dos epicentros culturais e turísticos do noroeste peninsular. O SilFest segue a medrar, xa consolidado como alternativa aos grandes festivais. Non queremos ser como os demais. Iso témolo claro. O SilFest é moito mais cun festival, o SilFest é experiencia.
Catas e degustacións, maquillaxe festivaleiro as mellores sesións de DJs, kaiaks para navegar o Sil, e por suposto moita música con mais de 15 artistas nesta edición, encabezados por bandas de renome como Heredeiros da Crus, Biznaga, Repion, ou Kokoshca ademais de, coma sempre, apostar polo talento local con artistas como Mrs. Fine, ScaLa, Pándega ou Nerea Jiménez.
Outro dos momentos top do festival será o showcooking dirixido por Jose da Gastroteca Salvaxede Santiago de Compostela, co apoio de Vibra Mahou.
Como novidade este ano celebraremos unha conferencia musical o xoves día 3 no Teatro Lauro Olmo en torno as relacións, a música, e a violencia de xénero porque as veces “O que sona ben, non sempre é amor”. Esta actividade é posible grazas á colaboración da Concellería de Servizos Sociais do Concello
E por suposto a completísima programación do MiniSilFest que un ano mais poderán disfrutar os mais pequenos da casa.

O SilFest sería imposible sen o apopio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia no marco de Concertos do Xacobeo, o Concello do Barco de Valdeorras, a Deputación de Ourense, o apoio como patrocinador principal de Vibra Mahou, a plataforma de Mahou Cinco Estrellas que conecta a artistas e público en torno á música en vivo #VibraMahou, a colaboración do C.R.D.O. Valdeorras e un montón de empresas locais de Valdeorras que ano tras ano vólcanse co SilFest para poder manter un evento cultural desta maginitude na comarca.
