OurenseÚltima hora

O 38º Campamento Urbano de Amencer desenvolverase do día 1 ao 13 de agosto en Ourense

 

O salón de plenos do Concello de Ourense acollía a presentación da 38 edición do Campamento Urbano, que organiza a Asociación Xuvenil Amencer coa colaboración da Concellaría de Xuventude do Concello de Ourense xunto con outras entidades e empresas da cidade. No acto participaron Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense,Tamara Silva, concelleira de Xuventude, Javier Carballo e Pedro Conforto, coordinadores do Campamento Urbano, Xulio Vilar, coordinador da Asociación Xuvenil Amencer e Xulio César Iglesias Blanco, xerente da asociación.

O Campamento Urbano, que se desenvolverá desde o día 1 ao 13 de agosto, é unha actividade aberta e gratuíta na que todos os nenos e nenas de entre 8 e 16 anos poden participar, sendo obrigatoria este ano a inscrición previa a través da páxina da asociación www.amencer.org. As e os maiores de 15 anos poderán participar no Campamento Urbano Xuvenil, que se realizará nas mesmas datas.

Co lema “Unha historia con futuro”, o Campamento Urbano oferta nove días de actividades pola mañá, pola tarde e pola noite (para os maiores de 15 anos). Tres días son enteiros con horario dende as 10:30 ata as 19:30 horas e seis días son partidos con horario de 10:30 a 13:30 e de 16:30 a 19:30 horas. O programa ten cada xornada unha temática diferente: Día da Benvida, Día da Cultura Urbana, Día da Provincia, Día do Parlamento, Día da Xuntanza/ Praia, Día do Centro Histórico/ Noite dos pequenos, Día dos Parques, Día da Auga/ Despedida de maiores e Día da despedida.

Back to top button