ConcellosO BarcoÚltima hora

Os pagos por estacionar na zona ORA do Barco xa poden facerse pola aplicación Telpark

Foto: O SIL.

 

Dende onte xa poden realizar pagos para estacionamento en zona ORA na vila do Barco por medio da aplicación Telpark, que está implantada en máis de 200 cidades do país e de Portugal, “sendo a aplicación de mobilidade con máis usuarios da Península Ibérica, podéndose utilizar ademais nunha Rede extensa de Aparcamentos subterráneos”, tal e como se destaca dende Dornier SL, empresa concesionaria deste servizo no Barco.

Así, en  “todos os parquímetros colocáronse adhesivos informativos sobre o novo servizo, que simplificará moito os pagos do estacionamento, así como alongar ou acurtar o tempo de uso ou anular sancións facilmente”, segundo di o Concello.

 

 

Ademais, dende Dornier SL, detállanse as vantaxes que implica o uso desta nova aplicación. “O uso de App TELPARK permite aos usuarios a obtención do billete de estacionamento sen ter que desprazarse ao parquímetro e desde calquera lugar onde se atopen, sen necesidade de exhibir o billete no vehículo, podendo, ademais anular ao momento o aviso de denuncia, en caso de ter multa. En definitiva, a App TELPARK vai reportar un gran beneficio para o usuario”.

 

 

Back to top button