
A Federación Galega de Atletismo (FGA) facía pública nesta semana a listaxe de atletas preseleccionados para conformar a Selección Galega que competirá no Campionato de España Absoluto por Federacións Autonómicas, que está previsto para o vindeiro 12 de xullo en Ciudad Real.
Dentro desta listaxe figuran dous valdeorreses: Inés Docampo (Unicaja Jaén Paraíso Interior) na proba de 1.500 m e Carlos Revuelta (S.G. Pontevedra) no lanzamento de martelo.