CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Heredeiros da Crus convida a unha barquense a subirse ao escenario do SilFest para escoller unha canción

 

Heredeiros da Crus era, sen dúbida, un dos referentes musicais da primeira xornada do SilFest Valdeorras, na noite do 4 de xullo. Foi ademais unha actuación con algunhas sorpresas para o público. Entre elas o momento no que Tonhito de Poi, un dos membros da banda, convidaba a subir ao escenario á barquense Cristina, chamándoa polo nome, para que escollese o seguinte tema que ía tocar o grupo.

Para iso a moza introducía a súa man nunha urna e escollía un dos papeis con títulos anotados. Facíao en tres ocasión e sempre saía a mesma peza: “Íscalle lura”, que finalmente era interpretada polos Herdeiros da Cruz.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Back to top button