EconomíaEconomíaÚltima hora

Casa Engracia, para aluguer turístico e vacacional, en Arcos (Vilamartín de Valdeorras)

 

Dende hai uns meses a comarca de Valdeorras conta cunha nova casa rural para aluguer turístico e vacacional. En concreto dende o mes de marzo deste 2025, cando abrías as portas Casa Engracia, en Arcos (Vilamartín).

Ubicada na rúa Real Nº30, a escasos metros do Camiño de Inverno, a medio camiño entre O Barco de Valdeorras e A Rúa, Casa Engracia “é o lugar ideal de descanso para que o turista se mova con facilidade e recorra a comarca con axilidade”; e está distribuida en dous andares para aloxar ata un máximo de 6 persoas.

Conta con cociña totalmente equipada (horno, vitrocerámica, neveira, microondas, cafetera, exprimidor…), dúas salas de estar, zona de lectura, aseo, cuarto de baño e catro habitacións, con calefacción en todas as estancias e lavadora no aseo da planta baixa.

 

Back to top button