CulturaCulturaÚltima hora

Fran Nogueira, actor e presentador de orixe ruesa, conducirá o novo concurso da TVG ‘Eu sei + ca ti’

O actor de orixe rués, Fran Nogueira./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

O actor e presentador Fran Nogueira (compostelán con orixes e forte vinculación na Rúa) non descansará neste verán, conducindo un novo programa da Televisión de Galicia.

Neste mes de xullo porase en marcha o concurso diario de cultura xeral, ‘Eu sei + ca ti’, no que tres equipos compiten con preguntas de cultura xeral, lóxica e enxeño para intentar abrir unha caixa forte con 6.000 euros, nun formato que combina emoción e aprendizaxe.

Emitirase de domingo a xoves, cunha duración duns 35 minutos, abrindo a faixa do prime time.

Back to top button