Os traballos de mellora dos apoios do taboleiro do viaduto da autoestrada Santiago-Ourense (AG-53) sobre a A-52 farán necesarias afeccións ao tráfico a partir de mañá.
Trátase dun novo corte de tráfico no enlace da AG-53 coa A-52 con motivo da reparación dos apoios do viaduto do ramal deste enlace en sentido Ourense. En semanas previas xa se realizou a reparación dos apoios do primeiro estribo do viaduto e nestes días realizarase a reparación do apoio do segundo estribo.
Este corte de tráfico comezará mañá ás 10 horas e será necesario mantelo ata as 13 horas deste venres 11. O desvío estará sinalizado e realizarase a través dos paneis na AG-53, colocándose tamén carteis específicos na conexión da AG-53 coa AG-54 e nas saídas do enlace de Maside, para orientar aos usuarios ata a N-541. No resto do percorrido, a través de N-541 e N-120, xa existe sinalización fixa permanente que guía aos condutores para acceder á A-52 en dirección Ourense.
Cómpre lembrar que estas afeccións ao tráfico son imprescindibles para poder acometer a intervención, pois é preciso levantar o taboleiro, liberando os neoprenos e deixando un espazo que permita a execución de todas as tarefas precisas, polo que non é posible manter o paso do tráfico sobre a estrutura.
O desvío de tráfico polo corte do viaduto da AG-53 sobre a A-52 será o indicado no seguinte plano:
