CulturaCulturaÚltima hora

O poeta do Courel, Uxío Novoneyra, recoñecido no roteiro “Quiroga, territorio literario”

 

O Concello de Quiroga ten organizado un novo roteiro literario musicado pola ruta “Quiroga, territorio literario” para o venres, 18 de xullo. Este roteiro incorpora aos autores xa recoñecidos ao poeta de courelao Uxío Novoneyra.

Este día presentarase a estela dedicada éste poeta colocada diante do emblemático establecemento “El Derroche”, onde o poeta courelao esperaba o autobús para saír destas terras cara a calquera destino.

Ademais, na web do Concello de Quiroga, no apartado dos museos de Quiroga “Arte no Ar, Quiroga, territorio literario”, está a disposición de todos os usuarios a información sobre o poeta e a posibilidade de escoitar algunha das súas creacións mesmo na súa voz: https://museosquiroga.org/uxio-novoneyra/

Esta nova estela incorpórase á ruta grazas ao fiananciamento do Plan de Sostibilidade Turística do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, que xa financiara a posta en marcha desta ruta coa sinalización dos lugares vencellados a Pura e Dora Vázquez, Eduardo Moreiras, Ernesto Guerra Dacal, Luis Losada, Ánxel Fole é Manuel María.

Nesta ocasión, a ruta “Quiroga, territorio literario”, que pertence a Asociación RELIGA de Casas, Museos, Fundacións e espazos literarios de Galicia; estará conducida pola escritora Celia Díaz e musicado por Xavier Blanco da Fundación Legar, contando coa presenza da familia de Uxío Novoneyra.

O roteiro levará aos participantes a visitar os lugares relacionados con oito escritores que se viron, en maior o menor grao, influenciados polo microcosmos das terras quiroguesas. A organización desta actividade porá a disposición dos participantes un autobús para achegarse á Veiguiña e ao Hospital, percorrendo a pé só os emprazamentos do casco urbano de Quiroga no entorno da praza Maior.
As persoas interesadas en participar na ruta, que se desenvolverá o venres, 18 de xullo, entre as 10:00h. e as 14.30 h. teñen que inscribirse na casa da cultura antes do 17 de xullo, ben persoalmente, no teléfono 982.43.51.25 ou no enderezo cultura.quiroga.quiroga@eidolocal.es.

 

Back to top button