Ás 11h. deste sábado 12 de xullo tiña lugar na praza do Concello do Barco unha concentración baixo o lema “Por unha paz xusta. Alto ao fogo definitivo” en Gaza (Palestina), convocada a nivel estatal pola plataforma “PararLaGuerra”.
No decurso da mesma procedíase á lectura dun manifesto no que se aseguraba que “está en perigo a Paz na rexión e en todo o mundo”.
Tal e como se desprende do manifesto da plataforma citada, é hora de transformar a indignación que arrasa o mundo en accións pacíficas, unidas e solidarias contra o xenocidio e pola paz. “A guerra non nos é indiferente, porque é un gran monstruo e pisotea toda a pobre inocencia da xente”

Ante a situación actual, a plataforma paralaguerra.es convoca a toda a cidadanía a realizar concentracións pacíficas para expresar “o rexeitamento ao conflito que estamos a vivir e reivindicar entre todos unha Paz Xusta e o cesamento do fogo definitivo”.
Fotos: Carlos G. Hervella.