ConcellosO BarcoÚltima hora

O pregón de Jorge Vidal abre o XVIII Mercado Medieval de Tremiñá-Veigamuíños (O Barco)

 

Con xogos tradicionais e cun pregón vén de estrearse ás 18h. deste 12 de xullo o XVIII Mercado Medieval de Tremiñá-Veigamuíños (O Barco), que despregará ao longo desta fin de semana un amplo abano de actividades e propostas.

O pregón, que por primeira vez se incorpora á celebración, corría a cargo de Jorge Vidal. Despois del dábase paso ao XI Torneo de Bolos e, seguidamente, ao espectáculo de malabares Guti xograr.

 

 

E, entre visitas aos postos, tamén se pode facer un descansiño e refrescarse na taberna medieval O Alambique.

Fotos cedidas.

 

Back to top button