CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Cea popular, cultos e moita música nas Festas de San Xusto 2025, en Carballeda de Valdeorras

Dj Tariro pinchará o sábado. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Dende a Asociación Cultural Reventabois de San Xusto, en Carballeda de Valdeorras, presentan o programa das festas na honra a San Xusto e Pastor que se celebrarán na fin de semana do 1 ao 3 de agosto.

Para o venres día 1 a partir das 21:30 horas está prevista a cea popular cun menú a base de chourizo, empanada, tortilla, bica, pan, auga e viño, café e licores, cuxa entrada custa 15 euros. Ese día a verbena correrá por conta da orquestra Triunfo seguida dunha night session con Dj Méndez.

 

 

A estrela do sábado 2 de agosto será Dj Tariro “revelación do oriente ourensán” que pinchará en sesión de tarde (21:30 horas) e tamén verbena (00:30 horas).

E xa o domingo día 3 haberá alborada con gaiteiros que tamén acompañarán á procesión na honra de San Xusto e Pastor (13 horas) seguida da misa solemne.

 

Back to top button