
Durante a súa comparecencia para facer balance dos dous primeiros anos de xestión neste mandato 2023/25, o presidente da Deputación de Ourense, referíase á Estación de Montaña de Manzaneda, asegurando que se liquidou a débeda coa Sociedade MEISA, “cunha inxección de 1,5M€. Abrimos así o camiño para centrar os esforzos en desestacionalizar á actividade nesta estación de montaña”.
Neste senso, Menor avanzaba que nos vindeiros anos “seguiremos traballando nun mellor futuro para a Estación de montaña de Manzaneda, agora que non ten débeda, en abril deste ano xa constituimos a comisión de traballo para a súa posta en valor, de aquí debe saír o futuro plan estratéxico da estación que pensamos que debe ser encamiñado cara un forte peso no ámbito deportivo”.
E, sen saír do ámbito da montaña e da súa relevancia para a provincia, o presidente da Deputación de Ourense lembraba que o seu “potencial xa quedou reflectido na capitalidade en 2024 do decidido apoio da Deputación de Ourense aos municipios de Chandrexa de Queixa, Manzaneda, Trives e San Xoán de Río, que compartiron o título de Capitalidade de España da Montaña”.