DeportesÚltima hora

O atleta valdeorrés Pablo García, no Campionato de España Sub20

Pablo García, nunha competición anterior./ Foto cedida.

 

Medio cento de atletas galegos e galegas tomarán parte no Campionato de España Sub20 que se levará a cabo na localidade pacense de Villafranca de los Barros os próximos días 26 e 27 de xullo.

Entre eles figura o valdeorrés Pablo García, do Club Adas Cupa do Barco, campión galego nos valos curtos (110 m valos) e finalista indoor en Salamanca, así como o tamén campión galego Leo Rodríguez do Celta nos valos longos, que estarán pelexando por mellorar as súas MMP de 14.43 e de 53.79 respectivamente.

 

Back to top button