Con apenas 13 anos Oier Arias González vai coñecer de primeira man o baloncesto profesional. Vive en Santurce (Biscaia) pero toda a súa familia é valdeorresa (de Vilamartín por parte materna e da Rúa por parte paterna) e atopábase nun campus en Lugo cando recibía a convocatoria da Selección Española U13 para o programa de tecnificación da FIBA Europe Youth Development Fund que terá lugar en Íscar (Valladolid).

Oier xoga na canteira do Bilbao Básket e do 27 ao 31 de xullo poráse ás ordes do corpo técnico da selección nacional dirixido por David Soria, xunto ao resto de convocados de toda España para o vivir o que sen dúbida será toda unha experiencia.
Fotos cedidas.