Un mes e medio despois da Octava do Corpus, a localidade barquense de Viloira vive outra fin de semana de festa, nesta ocasión cun festival de música alternativa con grupos locais e doutros puntos de Galicia, ademais de comida e cervexa.
Con algún cambio no programa e certo retraso sobre a hora prevista, arredor das 22 horas deste venres 18 de xullo abría as portas o Birra e Rock Fest, organizado pola Asociación de Veciños de Viloira, coa colaboración de AMAVA e Mahou. Facíao co grupo rués Green Angels que facía un percorrido polo seu repertorio centrado en versións de temas moi coñecidos por todos. O cartel de hoxe complétano The Lelli Kelly’s, Fuss e Amadeo Dj que porá o punto final xa de madrugada.
Con todo, o día grande será mañá con sesión vermú ás 13 horas coa actuación do solista Martiño; e os concertos a partir das 18 horas con El Patio de Leni, Mrs. Fine e Navegando a Barlovento. A discomóvil Opium e Dj Isra porán o broche.

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.