
Novo accidente de tráfico nas estradas ourensás, desta volta en Riós onde tres persoas resultaban feridas nunha colisión entre un turismo e unha moto, tal como indican dende o 112 Galicia, explicando que “na moto ían dúas persoas, que, como consecuencia do impacto, caeron ao chan”.
O suceso tiña lugar pasadas ás 15:30 horas deste domingo 20 de xullo no punto quilométrico 149 da N-525, onde batían un coche e unha moto. Ademais das chamadas de testemuñas do accidente, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia recibía “un aviso desde un servizo automático de alertas, que sinalaba o estado de inconsciencia dun dos ocupantes da moto”.
Para a atención dos feridos, os xestores do 112 solicitaron a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, “que enviaron unha das súas dotacións en helicóptero, pero, finalmente, anularon o servizo”, aseguran, explicando que en total “eran tres persoas feridas que, tras recibir os primeiros coidados, foron evacuados en ambulancia”.