CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

El Patio de Leni actuará nas Festas de Vilardesilva (Rubiá) na honra ao Pai Eterno

O concerto será o 9 de agosto a partir da medianoite

El Patio de Leni trala actuación no Birra e Rock Fest./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

No mes de agosto Valdeorras é unha gran festa. Ao longo e ancho da comarca sucédense as celebracións, a maioría patronais, que inclúe cultos e música de diferentes estilos.

Vilardesilva, no concello de Rubiá, celebrará as festas na honra do Pai Eterno do 9 ao 11 de agosto, cun programa que arrincará o sábado día 9 con xogos infantís e populares (ra), torneo de tute, baile e verbena coa disco móbil Boa Festa e o concerto do grupo de AMAVA, El Patio de Leni.

 

 

O domingo día 10 haberá procesión e misa solemne (13 horas), bolos e baile con Arco Iris (tarde) e Boa Festa (verbena).

E xa o luns día 11, ás 11 haberá alborada coa charanga Os Sureños e xogos interxeracionais.

Back to top button