OurenseÚltima hora

Obras de mellora en varios puntos do municipio de Parada de Sil

 

Este verán vén de poñerse en marcha no municipio de Parada de Sil o arranxo da pista que vai dende a estrada provincial OU-0605 en dirección a Teixeira ata a localidade de Barxacova. Cómpre sinalar que esta vía municipal dá acceso, ademais de a ese núcleo, a moitas viñas e é utilizada por veciños e visitantes para acceder a unha zona de baño. Aí mesmo nesta localidade restaurouse unha casa para convertela nun aloxamento turístico.

Tamén nunha das aldeas da montaña, A Edrada, a veciñanza levaba reclamando o arranxo do firme do núcleo que, nalgunha zona estaba moi deteriorado, polo que o alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, programou o arranxo para este verán e xa está a piques de rematar.

 

 

O importe das obras é de 49.291,21 euros e realízanse dentro do Plan CooperOU do ano 25.

Cofinanciada entre o Concello e o Fondo de Compensación Ambiental, estase a executar unha obra de mellora da filtración da auga potable ao abastecemento de Parada de Sil, Fondodevila e Xardela por importe de 32.150 euros.

Fotos cedidas.

 

Back to top button