Cunha gran cea, á que acudían unhas 170 persoas, abríanse as Festas de Forcadela (O Barco de Valdeorras) na noite do xoves 24 de xullo. Unha cea na que os asistentes degustaban un menú elaborado e servido por Mantesil a base de paella, tenreira asada con patacas e bica. O apartado musical corría a cargo de Dj Dani Argü e tamén tiña dous bingos nos que se sorteaban unha paleta de porco e unha masaxe en Alba Dobao.
As festas, na honra a Santiago Apóstolo, continúan hoxe, 25 de xullo e festivo nacional, con procesión e misa pola mañá e nova sesión musical co Dj Argü pola noite. Mañá, sábado día 26 haberá descenso en bicicletas ás 18 horas; e andaina, pancetada e chocolatada ás 21:30 horas.

Fotos cedidas.