Juan Carlos Alonso naceu e reside en Barcelona pero ten orixes en Vilarellos (Castro Caldelas), sendo a parte máis oriental da provincia de Ourense a elixida para presentar estes días o seu libro El último maqui. Vida y leyenda de Mario de Langullo (Ed. Almuzara, 2025), a “fascinante biografía do home que pasou 32 anos fuxido no monte e, coa súa marcha, puxo fin á presenza da guerrilla antifranquinsta en España”.

Unha incrible historia de supervivencia, loita, amor e vida… pero tamén morte, que presentaba primeiro no Castelo de Castro Caldelas e só un día despois, na tarde do 25 de xullo, na Casa da Cultura de Viana do Bolo. Alí, era o alcalde Andrés Montesinos o encargado de presentar a Juan Carlos, Enxeñeiro Técnico en Informática de Xestión, máster en Dirección Comercial e posgrao en Creación de Empresas, que “atesoura máis de 25 anos de experiencia no sector das tecnoloxías da información, onde ocupou diversos postos de responsabilidade”.

En 2023 publica a súa primeira obra narrativa, Por quien corren las enfermeras?, unha oda á vida e ao persoal médico que, despois de sete intensos meses, conseguiu salvar a vida do seu fillo e agora, volve con esta obra sobre o último guerrillero antifranquista, “unha deliciosa biografía novelada, froito de 25 anos de investigación e grazas a testemuños inéditos solicitados in situ (empezando polo da súa única filla recoñecida)” que reflicte como nunca ao xefe dunha das partidas máis temibles do país, que tras selo viviu para contalo.

Froito da ascendencia galega de Juan Carlos e dos incontables veráns vividos nesta terra, a principios de século comezou a interesarse pola figura de Mario Rodríguez Losada, un home que, tras a guerra civil española, andou escapado durante máis de trinta anos: solicitou in situ innumerables testemuños de quen tivo contacto con el e embarcouse nunha procura incesante de documentación para obter o mellor retrato de tan misterioso personaxe. Xorde así a súa colosal biografía recollida nun volume de case 400 páxinas nas que se dá resposta a múltiples cuestións como que concluída anos atrás a cruenta Guerra Civil, en moitos montes de España aínda se libraba unha loita xorda e encarnizada; que neses tempo certos homes preferiron malvivir como alimañas e arma ao brazo antes que aceptar o xugo do triunfal franquismo. Foraxidos, criminais, liberadores, heroes,… ¿como rescatalos do mito? plantexa o autor desvelando quen era realmente aquel a o que chamaban Mario de Langullo.

Na súa intervención, acompañado polo alcalde e pola concelleira Carmen Conde, falou deu algún dato sobre o libro que arranca en 1936, cando “a contenda civil arrasa ao pobo español e consuma o seu desmembramiento en dous bandos divididos pola infinita trincheira da incomprensión; de entre os vencidos, miles rehúsan o exilio e ingresan na guerrilla, en pos da redención ou a mera supervivencia”. E fuxido na contorna de Langullo, recóndita aldea de Ourense case desde o alzamento, “O Pinche” soubo, ao pouco, do fusilamento do seu pai: comezando para el unha odisea de máis de tres décadas que o convertería en lenda. “Medio centenar de atracos, quince asasinatos e tres mulleres de rompe e racha balizan o historial de Mario Rodríguez Losada; unha recompensa dun millón de pesetas e unha entrevista co líder comunista Santiago Carrillo completan a insólita peripecia vital de quen sería o último dos maquis en abandonar territorio nacional. Como a maleza que camuflou e ata bautizou a aqueles rebeldes indómitos, o seu silenciamiento baixo a etiqueta oficial de bandoleiros tornounos case irrastreables… pero en lugares e parroquias aínda se escoitan as xestas ou tropelías dos fillos da montaña e a súa pegada permanece en crónicas e rexistros”, contou.

Foron tres anos de escritura e nel “son todos os que están pero non están todos os que son, porque se tivera que facer un libro con todas as cousas que me contaron as docenas e docenas de testemuñas sobre Mario ou a partida de Mario faríamos a Enciclopedia Larousse e ninguén o lería”, asegurou o autor destacando que están “as accións máis importantes da partida de Mario, sobre todo as concentradas dende o ano 40 ata o 50”.
A presentación foi acompañada por unha proxección e entre o público había descendentes do propio Mario.

O libro, que en Vina estará á venda no Estanco Fernando, será presentado na Pobra de Trives o 28 de xullo, en Manzaneda o 30 e no Barco de Valdeorras o 13 de agosto.
Fotos: Carlos G. Hervella.