CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Homenaxe póstuma a Jacinta no VIII Serán da Seitura de Manzaneda

 

Nesta fin de semana o XVI Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas converte a Manzaneda na capital mundial da música tradicional galega, reunindo a máis de 300 músicos de toda Galicia.

O evento nacía “fai case 7 lustros coa filosofía de ser un elemento didáctico para que o alumnado traballase a súa posta en escena”, tal como explica o seu director, Xosé Lois Foxo, subliñando a “importancia cultural” do certame, xa que “é un xeito de preservar os nosos cánticos e manter o rural”.

 

 

O programa deste sábado 26 de xullo comezaba co VIII Serán da Seitura de Manzaneda-Memorial Ludivina Pérez, na praza da Igualdade. Trátase dun foro para poñer en valor os cantos tradicionais das Terras de Manzaneda e Trives. Presentado por Monste Estévez, contaba coa actuacións dunha ducia de cantareiras e cantores: a violinista Candela Rodríguez, Blandina de Cotarós, Fiuca de Trives, Flor da Xesta de Verín, Cantareiras da Real Xuvenil, Digna de Vilanova, Grupo de Acordeóns de Airiños da Porta Falsa de Manzaneda, Rogelio da Aceveda, Aquilino de Bidueira e Real Xuvenil. Ademais nesta xornada tiña lugar a homenaxe póstuma a Jacinta.

 

 

O Festival Noite Celta pechará esta xornada chea de música tradicional na contorna da Estación de Montaña, a partir das 23 horas, con actuación de Bandas de Gaitas e grupos. A fase final do XVI Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas será mañá, domingo 27, de xullo a partir das 11:30 horas no campo de competicións de Cabeza de Manzaneda, na memoria de Gabino García impulsor do certame.

 

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

Back to top button