É a patroa do pobo pero dende hai xa moitos anos a imaxe de Santa Mariña pasou a un segundo plano e o pobo valdeorrés de Rubiá centra a súa festa principal en torno á Asunción e á Virxe do Camiño, na celebración da Encarnación.

Con todo, na mañá deste domingo 27 de xullo, os veciños de Rubiá rendíanlle culto, levando a súa imaxe (xunto á Cruz e ao Estandarte) en procesión dende o barrio de Xeadre onde cada ano preparan un altar, ata a igrexa parroquial. Alí esperaba o sacerdote, Jesús Álvarez para celebrar a eucaristía cantada polo coro parroquial.

Fotos: Carlos G. Hervella.