A RúaConcellosÚltima hora

Conato de incendio a carón da N-120, na Rúa

 

Na tarde deste mércores 30 de xullo producíase un pequeno incendio na Rúa que era rapidamente sufocado.

Pasaba das 15:30 horas cando, ao aviso dunha veciña e chamada do 112, Protección Civil acudía ata o lugar dos feitos para axudar á Garda Civil a regular o tráfico por un “conato de incendio forestal no Distrito XIII, á carón da N-120 no PK 467”.

Acudían dous camións de bombeiros, unha motobomba, un garda forestal, a Garda Civil e dous voluntarios de P.C. da Rúa.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button