
Ante a visita que realizaba o presidente da Xunta neste 30 de xullo á adega Terriña en Petín, o subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, sinalaba, través dunha nota de prensa, que lamenta “a deslealdade institucional” da Xunta de Galicia, xa que o seu presidente, Alfonso Rueda, realiza hoxe un acto de promoción dunha liña de axudas financiada con fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) do Goberno de España e non convidou a ningún representante gobernamental.
Ao respecto, Santos apuntou que a Axencia de Turismo de Galicia no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se establecían as bases para a concesión das subvencións a proxectos turísticos para o fomento do turismo enogastronómico, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, impulsado polo Goberno de Pedro Sánchez para superar as consecuencias da pandemia.
O subdelegado matiza que no anexo X desa resolución pon claramente que a publicidade das actuacións subvencionadas debe incluír os emblemas do Plan de recuperación, transformación e resiliencia e do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, ao ser este o órgano o competente da coordinación e seguimento das axudas.