Tomar unha copa, un viño ou un café, conversar, bailar e tamén desfrutar da arte. Neste mes de agosto as paredes do Bar O Callejón de Viana do Bolo acollen unha exposición de pintura con obras de Marco, natural de Viana e residente en Verín. “Un home polifacético, especialista en cañas, pintor fulioneiro, deseñador de markisetas”, din dende o bar, destacando que se trata dunha selección de obras entre as que figura “o famosísimo cadro A Chingación”.


Fotos cedidas.