
Como cada mes de agosto, dende o Periódico O Sil publica un monográfico sobre as festas de verán no que se fai un percorrido polas cita máis destacas do mes.
As primeiras son as da Rúa que se celebran nesta fin de semana con actuacións destacadas como La Misión ou la Banda de Ayer, ademais de charangas e actividades deportivas. Con todo, este concello reparte a programación ao longo do mes, incluíndo no monográfico, páxinas sobre outras citas como a Bacofesta ou as Festas de San Roque e tamén unha entrevista coa alcaldesa María G. Albert que fai un balance dos dous primieros anos da lexislatura á fronte do goberno tripartito.
O monográfico está xa á venda en quioscos e librarías, xunto ao número de agosto de O SIL.
