A RúaConcellosÚltima hora

Kubo e La Banda de Ayer poñen ritmo á noite do venres nas festas da Rúa

 

Con moito colorido, ritmo e mesmo acrobacias, se desenvolvía a primeira xornada das festas de verán na Rúa. Na noitiña do venres 1 de agosto, era La Banda de Ayer, a primeira en actuar no Aguillón co primeiro pase do seu espectáculo “Inimitables” nun percorrido musical polo rock dos anos 80 e 90 que fixo bailar aos asistentes.

No descanso era a quenda da orquestra Kubo que despregaba sobre o escenario un auténtico espectáculo de luces, música e baile.

Xa de madrugada e sen descanso, chegaban os segundos pases de ambas agrupacións rematando co apoteósico final de Kubo.

Fotos cedidas.

 

Back to top button