CulturaCulturaÚltima hora

Remata o obradoiro de fotografía de David Jiménez en Sober

O alcalde, Luis Fernández Guitián, reuniuse cos gañadores da 5ª edición das Bolsas Culturais Internacionais 'Pintor de Castinandi' Verán 2025

 

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, e a representante de La Plantación, Elisa Pereira, reuníronse cos gañadores da 5ª edición das Bolsas Culturais Internacionais ‘Pintor de Castinandi’ Verán 2025: Valeria Andreina Rueda Rincón (nada en Caracas, aínda que vive en Ourense desde os 18 anos); Steffan Abella Abad (de Ponferrada, León); e Mara Vecoña Vieira (de Ourense).

As becas, dirixidas a mozos de ata 40 anos, permitíronlles participar de balde, xunto a outras 21 personas de diferentes puntos de España, Escocia, Francia e Portugal, no taller de fotografía de David Jiménez que deu comezo o 27 de xullo e remataba o 1 de agosto na Casa Grande de Rosende. Ademais de falar do seu traballo, o fotógrafo tamén coñeceu os proxectos persoais das persoas asistentes ao taller organizado por La Plantación. Encuentros y Conocimiento.

 

Back to top button