En portadaÚltima hora

A manifestación polo ‘Dereito ao Tren’, na Gudiña, saíra ás 18:30h. dende a antiga estación

Imaxe dunha concentración anterior na Estación Porta de Galcia./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Chegou o día. A manifestación convocada pola plataforma cidadá ‘Dereito ao Tren’ é esta tarde ás 18:30 horas dende a antiga estación de tren da Gudiña ata a nova estación A Gudiña–Porta de Galicia, para “esixir ao Ministerio de Transportes a inmediata reordenación dos horarios ferroviarios, co fin de garantir conexións útiles adaptadas ás necesidades da poboación da zona de influencia da estación”.

Será un “acto aberto, pacífico e reivindicativo, no que se anima a participar a veciñas e veciños, asociacións, concellos, plataformas e colectivos que compartan esta loita pola dignidade territorial e a xustiza social”, din os convocantes. E advirten de que “sen horarios útiles, o tren é unha infraestrutura morta. E unha infraestrutura morta é símbolo de abandono. Non o imos a permitir.”

Os autobuses gratuítos postos polo Concello do Barco para acudir á manifestación (previa reserva), sairán ás 17:30 horas dende a Estación de Autobuses.

 

 

Back to top button