
Carlos Revuelta, o único atleta valdeorrés participante no Campionato de España absoluto que se está a desenvolver nesta fin de semana en Tarrgona, vén de lograr un sexto posto nesta competición no lanzamento de martelo.
Así nesta proba, disputada está mañá, Carlos Revuelta Parra (Sociedade Gimnástica de Pontevedra) realizaba un lanzamento de 60 metros e 97 centímetros. O ouro foi a parar a un dos atletas que el adestra en Madrid, Kevin Arteaga, que revalida así o seu título de campión de España, con 70,89.

A prata foi Alberto González con 70,59 e completou o podio, outro atleta dirixido tamén por Carlos, Pedro J. Martín, con 70,20. O campionato resultaba moi rifado ata o final, con estes tres atletas moi por riba do resto.
Carlos Revuelta valora moi positivamente a súa sexta praza no que é o seu duodécimo campionato de España absoluto consecutivo, así como o feito de conseguir ouro e bronce a través de dous lanzadores dirixidos por el.
Fotos cedidas.
