ConcellosÚltima hora

Ascende a vermello o nivel de alerta en Valdeorras por altas temperaturas

Fonte: 112 Galicia.

 

No marco do Plan de Actuación contra os efectos das altas temperaturas, a Xunta de Galicia informa que do 4 ao 7 de agosto se prevén temperaturas moi elevadas en varias zonas.

Para hoxe, luns 4 de agosto, e mañá martes día 5, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade comunica a seguinte actualización do episodio de vaga de calor:

Nivel 3 (vermello): Miño (Pontevedra) e Valdeorras (Ourense).
Nivel 1 (amarelo): Miño, Sur e Montaña (Ourense).

Por este motivo, desde a Consellería de Sanidade lembran o impacto que esta situación meteorolóxica pode ter na saúde, e recomendan seguir unha serie de medidas de autoprotección como beber auga e/ou bebidas con electrólitos con frecuencia; evitar as horas centrais do día; inxerir comidas lixeiras; ou reducir a actividade física.

Back to top button