O proxecto de escoita ‘Mulleres que Contan’ levado a cabo polos Grupos de Desenvolmento Rural (GDR) no que participa o Sil-Bibei-Navea escolleu a Manzaneda como un dos seis territorios de Galicia onde se realiza.
Na presentación do proxecto de cooperación, realizada na xornada deste martes 5 de agosto na vila de Manzaneda participaron o actor e humorista Xosé Antonio Touriñan e a diretora do proxecto Hadriana Casla que realizará a recollida entre as mulleres de Manzaneda maiores de 65 anos que queiran participar.
“A idea é centrar os obradoiros na recollida de saberes e opinión sobre eses coidados que realizaron as mulleres rurais en canto a súas fillas e fillos, nais, pais,… sen esquecer a importancia do seu autocoidado”, explican dende o Concello, adiantando que o vindeiro encontro será na tarde do mércores 13 de agosto comenzando o proceso de escoita activa.
Fotos cedidas.