ConcellosO BoloÚltima hora

O Concello do Bolo transforma vellos lavadoiros sen uso en baños públicos preto do castelo

 

A contorna do castelo medieval, no Bolo, contará proximamente con baños públicos. Tal como explican dende o equipo de goberno, a obra estase levando a cabo nuns antigos lavadeiros.

 

 

“Deben ser de finais da ditadura que nunca chegaron a usarse porque había moi pouca auga”, di Alberto Vázquez, explicando que conseguiron unha partida de Turismo da Xunta de Galicia para darlles uso e decidían facer uns baños públicos “para uso da xente que veña ao Bolo a visitar o entorno do Castelo”.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Back to top button